
Medalla de ouro nas GaliciaSkills
Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.
O noso alumno Adolfo González Martínez de 2º de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos ven de acadar a medalla de ouro na competición de Fontanaría e calefacción.
Foi preparado para a competición polo seu titor Pablo González Núñez, a quen tamén felicitamos polo traballo realizado.
Adolfo con esta medalla participará representando á Laboral, e á FP galega no campionato nacional Spainskills que se celebrará no próximo mes de febreiro.









