
🚀✨ O Club de Ciencia conecta co espazo ✨🚀
O pasado martes 16 de decembro pola tarde, o alumnado de 2º da ESO participou nunha actividade moi especial dentro do Club de Ciencia 🌍🔭.
A través da misión Astro Pi – Mission Zero, os nosos estudantes deseñaron e enviaron mensaxes á Estación Espacial Internacional (ISS) 🛰️, que serán mostradas aos astronautas no espazo.
Unha experiencia única na que puideron combinar creatividade, programación e ciencia, achegándose de maneira práctica ao mundo da exploración espacial 🚀👩🚀👨🚀.
Parabéns polo voso traballo e por levar o voso talento ata o espazo! 🌌✨
#ClubDeCiencia #AstroPi #MissionZero #ISS #2ESO #Ciencia #STEM









