
Menores nin unha pinga
A Universidade Laboral foi seleccionada no programa educativo Menores nin unha pinga.
O programa consiste na realización de actividades e charlas informativas para o alumnado e profesorado nos centros educativos a cargo de especialistas da Fundación Alcohol y Sociedad. Nestas actividades abordarase o consumo responsable de bebidas alcohólicas, pero especialmente a prevención deste consumo en menores de idade, por ser o colectivo de maior risco e desprotección.









