
Graduación de 2º de FP Básica
O venres 6 de marzo tivo lugar no salón de actos a graduación do 2º curso de Formación Profesional Básica. Foi un acto emotivo no que dicimos "ata pronto" aos rapaces e rapazas que se van graduar nuns meses.
Por primeira vez nos atopamos cun grupo no que todos aprobaron as materias do centro educativo, e só lles queda a formación na empresa nestes próximos meses.
Animámolos a seguir estudiando en calquera ciclo medio dos numerosos que ofertamos no noso centro, porque xa nos demostraron que teñen ganas e actitude para poder triunfar tamén neles.









