
Inmersión lingüística en Salisbury (Reino Unido).
Alumnos de 1° de bacharelato desfrutaron dunha intensa semana de inmersión total no suroeste de Inglaterra. Houbo clases, paseos pola cidade, visitas culturais, viaxes a Bath e Londres, manualidades, deporte, xogos e convivencia con familias locais. Os rapaces/as amosaron moito interese, gran capacidade de integración e, sobre todo, fixeron gala dun excelente comportamento e moitas ganas de aprender e pasalo ben.















