
Club de Ciencia: Visita aos talleres do instituto!
O alumnado de 4º de ESO do Club de Ciencia viviu unha xornada moi especial descubrindo os talleres do instituto e achegándose ao mundo da Formación Profesional e a Fabricación Mecánica.
Durante a actividade puideron coñecer de preto as instalacións e o funcionamento dos talleres, así como algúns dos ciclos formativos que se imparten no centro. Ademais, tiveron a oportunidade de experimentar de primeira man con distintas ferramentas e procesos propios do sector industrial.
Entre as actividades realizadas, o alumnado mecanizou un parafuso utilizando un torno e unha fresadora, o que lles permitiu comprender mellor como se fabrican pezas metálicas con precisión. Tamén puideron probar o proceso de soldadura, sempre baixo a supervisión do profesorado do taller.
Moitas grazas aos profesores de taller do IES polo seu tempo, a súa dedicación e por compartir os seus coñecementos co noso alumnado.
Seguimos aprendendo ciencia tamén desde a práctica!












