
Homenaxe ao profesor Germán González
O 18 de abril celébrase nas pistas deportivas de Pereiro de Aguiar o I Trofeo Germán González.
Germán fora profesor de Educación Física da Universidade Laboral ata a súa xubilación. Compatibilizou o seu traballo docente coa súa dedicación desinteresada como fundador e adestrador da Escola Atlética Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar. Os seus atletas adestran nas pistas de Monterrey; e delas saíron multitude de campións e medallistas galegos/as de diferentes disciplinas atléticas, e mesmo medallistas en campionatos de España.
Por suposto unha gran cantidade dos atletas eran alumnos da Universidade Laboral, por iso estamos citados no acto para recibir un recoñecemento que gardaremos con moito cariño no noso IES.
A súa traxectoria de Germán foi recoñecida tamén o pasado mes de decembro nos premios +Deporte. Noticia
Enlace áo trofeo
Por suposto, a Universidade Laboral ten pendente na axenda realizar un acto de recoñecemento a Germán, ao igual que se fixo este curso coa súa compañeira Marisa.









