arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorI Trofeo Germán González de Atletismo


eventosformacioninnovacion
Luns, 20-Abril-2026
I Trofeo Germán González de Atletismo - Foto

I Trofeo Germán González de Atletismo

As pistas de atletismo Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar acolleron o pasado 18 de abril o I Trofeo Germán González de Atletismo, unha cita deportiva que entre outras naceu coa vontade de render unha merecida homenaxe a unha das figuras máis destacadas e carismáticas do atletismo ourensán, e antigo profesor de educación física da Universidade Laboral.

Germán deixa a presidencia da Escola Atlética Ben Cho Shey, pero seguirá nela coma técnico.

Conmemorouse o 35 aniversario da Escola Atlética do Pereiro de Aguiar, entidade da que foi fundador e motor principal. Durante o acto púxose en valor a extraordinaria labor desenvolvida por Germán ao longo de décadas, destacando o seu papel fundamental na formación de múltiples xeracións de deportistas, moitos deles da Universidade Laboral, e por iso alí estivemos para recoller unha placa conmemorativa como recoñecemento.



Mais noticias...

Financiación europea

PDC

Descargar Abalar en Android