arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorFase Galega do Lanzamento CANSAT


eventosformacioninnovacion
Martes, 21-Abril-2026
Fase Galega do Lanzamento CANSAT - Foto

Fase Galega do Lanzamento CANSAT

Ciencia e enxeñaría desde as aulas: así foi o CanSat no noso IES

Hoxe, 21 de abril,  o noso instituto viviu unha xornada moi especial coa participación na fase galega do proxecto CanSat, unha iniciativa que achega o alumnado ao mundo da enxeñaría aeroespacial.


Dende o IES presentamos tres equipos: Barreiros, Team Wason e Los Tiesos, todos eles cos seus respectivos CanSat e misións secundarias deseñadas e desenvolvidas polo alumnado de 4º da ESO dende a asignatura de Intelixencia Artificial.


O equipo Barreiros conseguiu situarse entre os seis mellores proxectos da competición, obtendo ademáis o premio á mellor misión científica. A súa proposta consistiu no deseño dun escudo térmico para o envío de sementes, co obxectivo de estudar o seu comportamento en condicións similares ás do espazo.


Pola súa banda, Team Wason centrou o seu traballo na análise da radiación ultravioleta durante o descenso do CanSat, achegando datos relevantes sobre a variación deste tipo de radiación en función da altitude.


O equipo Los Tiesos desenvolveu unha misión orixinal baseada na emisión dun sinal sonoro vinculado aos cambios de temperatura, ademais de realizar un estudo sobre a potencia do sinal de radio ao longo do descenso do dispositivo.


Queremos felicitar a todos os equipos polo seu esforzo, creatividade e compromiso. 
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49628


Fase Galega do Lanzamento CANSAT - Foto 2
Fase Galega do Lanzamento CANSAT - Foto 3
Fase Galega do Lanzamento CANSAT - Foto 4
Fase Galega do Lanzamento CANSAT - Foto 5
Fase Galega do Lanzamento CANSAT - Foto 6
Fase Galega do Lanzamento CANSAT - Foto 7
Fase Galega do Lanzamento CANSAT - Foto 8


Mais noticias...

Financiación europea

PDC

Descargar Abalar en Android