
Certame "Tinta de lura" de banda deseñada
O 21 de abril unha representación do xurado do III premio Tinta de Lura, composto entre outros por 8 alumnos e alumnas da Laboral, visitou a @casaderosaliadecastro e a @fundacioncela , onde tiveron un encontro con @paulamayorart, autora dunha das obras que compiten no certame, Rosalía Oculta. Paula contounos moito do seu proceso creativo e do seu achegamento á máis grande figura das nosas letras, ademáis de adicar un dos exemplares da sua banda deseñada para a nosa biblioteca.















