
Celebración do día do libro
Os rapaces que forman parte do xurado do Certame de Banda Deseñada Tinta de Lura celebraron o 23 de abril, día do libro, cunha visita extraescolar a @sindicomic, onde cada un escolleu unha banda deseñada para actualizar e incrementar os fondos da nosa biblioteca. En total, unha vintena de exemplares actuais que estarán a disposición dos estudantes a partir da vindeira semana.












