
Aberto o prazo para admisión nas Ensinanzas Artísticas Superiores
Informamos da publicación da Resolución do 10 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026/27, que se pode consultar a través do portal educativo neste link: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49689
O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 28 de abril de 2026 ata as datas especificadas a continuación:
-
Nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño o prazo rematará o 5 de xuño de 2026, incluído.









