
Publicada a lista provisional das AXUDASLE
O 5 de maio de 2026 foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 15.3 da Orde do 7 de xaneiro de 2026 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2026, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 03/02/26) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo.
Procedemento de adxudicación de praza
Publicación das listaxes provisionais de alumnado seleccionado e de alumnado suplente, ordenado por puntuación por cada un dos cursos. Así mesmo, publicará a listaxe de solicitudes con requirimentos relacionados coas comprobacións de datos referidas no artigo 8.1, alíneas c), d), e) e f); o contido destes requirimentos poderase consultar mediante o número do documento de identificación (DNI, NIE, etc.) da persoa representante, ou da persoa solicitante no caso de que esta sexa maior de idade, na aplicación en liña dispoñible na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.
A seguir, abrirase un prazo de 10 días hábiles para formular reclamacións e para a presentación da documentación sinalada nos requirimentos relacionados coa comprobación de datos. Rematado este prazo e estudadas as alegacións e a documentación presentada, o órgano instrutor emitirá informe para a proposta de resolución definitiva.









